3 abr 2016

As Xuventudes Socialistas de Ourense celebraron a xornada sobre igualdade, saúde sexual e reprodutiva.



NA XORNADA INTERVIRON O XINECÓLOGO JOSE LUIS DOVAL E A PARLAMENTARIA DO PSdeG CARMEN ACUÑA.


As Xuventudes Socialistas de Ourense celebraron onte, no Espazo Lusquiños da Mocidade, un coloquio sobre políticas de igualdade, saúde sexual e reprodutiva.


No acto contouse coa análise, dende o punto de vista da práctica sanitaria, do Xefe de Xinecoloxía do CHUOU José Luís Doval. Así coma, dende a experiencia política, do punto de vista da deputada autonómica Carmen Acuña, Portavoz de Igualdade do PSdG- PSOE no Parlamento Galego.


Ambos poñentes fixeron un completo repaso da situación actual da materia no noso país, e na nosa cidade:  Dende a  importancia da corresponsabilidade entre homes e mulleres á hora de fomentar que as prácticas sexuais sexan seguras, ata a necesidade de instaurar unha educación sexual de calidade nos centros educativos.