9 sept 2015

XUVENTUDES SOCIALISTAS DE OURENSE ACUSA A JESÚS VÁZQUEZ DE FACER DEMAGOXIA COAS AXUDAS MUNICIPAIS

Xuventudes Socialistas lembra que o anterior goberno socialista aumentou a cuantía das axudas para paliar os recortes de Jesús Vázquez coma conselleiro de Educación.

Xuventudes Socialistas de Ourense denuncia a falta de escrúpulos e responsabilidade do Alcalde de Ourense Jesús Vázquez por “sacar peito” no seu perfil oficial das axudas municipais para libros de texto en materia de política educativa.

Dende as Xuventudes Socialistas recordan que mentres Jesús Vázquez suprimía o sistema de préstamo gratuíto de libros de texto e recortaba drasticamente  as becas para comedor e material, o goberno socialista de Ourense aumentaba as partidas para estas axudas. 


Destacan que no ano 2006 o goberno municipal do PP destinou 109.722.72 euros para un total de 311 axudas, no ano 2014 o goberno municipal socialista executou unha inversión de 306.000 euros concedendo 577 axudas.