12 may 2015

Nova campaña: ¡ATERRIZA COMO POIDAS!





As Xuventudes Socialistas de Ourense presentan hoxe nas redes sociais a súa nova campaña “Aterriza como poidas”. A campaña consiste nunha ilustración do candidato do P.P. á alcaldía da Cidade de Ourense descendendo en paracaídas ó balcón do Concello, cunha tesoira na man, dende un helicóptero no que o saúda Alberto Núñez Feijoo.

A ilustración  vai acompañada cun texto onde se destaca o “historial” de Jesús Vázquez coma conselleiro, e destacan feitos coma o aplauso ós recortes en educación, o apoio a centros privados ultra-relixiosos, ou as dezaseis sentencias xudiciais en contra das súas decisións.