10 may 2015

As Xuventudes Socialistas de Ourense critican o medo a debatir e a falta de espiritú democratico de Jesús Vázquez por fuxir do debate da TVG.




 - As Xuventudes Socialistas de Ourense acusan a Jesus Vázquez de ter medo a debater e de desprezar as veciñas e veciños de Ourense ao non asistir ao debate, mostra din da súa falta de propostas para a cidade.

Ourense, 10 de maio de 2015

As Xuventudes Socialistas de Ourense critican que o candidato elixido a dedo do Partido Popular para a alcaldía de Ourense, Jesus Vázquez, deixase baleira a súa cadeira no debate a catro organizado pola televisión pública de Galicia.

En palabras do seu Secretario Xeral, Jose Antonio Novoa, “Parece que para o candidato do Partido Popular é máis importante sacarse fotos coas súas gafas e invitar a cenas aos seus simpatizantes que debater sobre as súas propostas de futuro para a cidadanía de Ourense”. Remata Novoa: “Esperemos que a visión do futuro da cidade para o PP , agora que presume de gafas, non sexa a  de facer secar As Burgas como fixeron cando estiveron no goberno municipal”.