9 abr 2015

AS XUVENTUDES SOCIALISTAS 
DE OURENSE DENUNCIAN  SEXISMO NA CAMPAÑA ELECTORAL DO PP



As Xuventudes Socialistas de Ourense queren mostrar o seu rexeitamento ó uso sexista da imaxe da muller que o Partido Popular fai no seu programa electoral na parte dedicada ós moz@s, ilustrando ó mesmo cunha imaxe na que se reproduce unha fila de persoas, na súa maioría mulleres con pouca roupa e de marcado carácter sexista.


Segundo o seu Secretario Xeral, José Antonio Nóvoa Fernández, a imaxe “ademais dunha mostra de mal gusto, parece querer representar unha versión edulcorada das filas do INEM froito das políticas especulativas do PP”.


Tamén destacou Nóvoa que “esta é a imaxe que o Partido Popular e  Jesús Vázquez teñen da mocidade Ourensá, e deixa patente a concepción retrógrada da muller que teñen dende a dereita.”.