8 oct. 2013

"A ruptura da paz lingüística". Café-debate o vindeiro 17 de Outubro.


O vindeiro xoves 17 de Outubro, a partir das 19:45 h no Café Isaac, en Ourense, celebraremos un café-debate, aberto, para analizar a ruptura da paz lingüística en Galicia . Ruptura liderada polo goberno da Xunta de Galicia durante os últimos anos, especialmente, no que atinxe ao eido educativo.

No acto, que conta coa colaboración da secretaría provincial de Cidadanía e Interculturalidade do PSdeG en Ourense, participarán, entre outrxs, a recentemente elixida como secretaria de Política Lingüística da executiva nacional do PSdeG, Iolanda Otero, e o seu homólogo na executiva nacional das Xuventudes Socialistas de Galicia, Mario Soto.

Alí nos vemos!