Organizado
polas Xuventudes Socialistas de Ourense, vai dirixido a mozas e mozos residentes
na provincia de Ourense nados entre os anos 1994 e 1997.
Nace como
unha invitación á reflexión e unha manifestación da importancia de que os máis
xóvenes participen dela e fagan mellor a política.
Ourense, 27 de Setembro de 2013
As Xuventudes Socialistas de
Ourense anunciaron hoxe a convocatoria dun concurso xuvenil de traballos sobre
a Constitución baixo o título “Hoxe
escribímola nós”.
Vai dirixido a mozos e mozas, residentes na provincia de Ourense, nados
entre os anos 1994 e 1997 e o tema das redaccións debe versar sobre como lle
gustaría a cada un dos participantes que fose a Constitución Española. “Queremos facer unha invitación á reflexión
a á análise dos máis novos, para que entendan tamén a importancia de pensar e participar
en política”, sinala José Antonio Novoa, secretario de Educación da
organización.
José Antonio e Andrea, responsables de Educación e Liberdades Públicas . |
Os traballos deben ter unha extensión de entre 4 e 8 páxinas e o prazo de
presentación abrangue dende o 30 de Setembro ata o 24 de Novembro de 2013, estando
prevista a entrega premios para o vindeiro 5 de Decembro.
Hai un primeiro premio dunha tablet Nexus 7, un segundo dun iPod Nano, e
tres accésit que constan de libros e dvd´s sobre a historia do progresismo en
España.
O xurado estará formado entre outros, explica Andrea Carballo, secretaria
de Liberdades Públicas das Xuventudes Socialistas, pola deputada do PSdeG-PSOE
por Ourense, Laura Seara, e polo senador Miguel Fidaldo.
As bases íntegras poden consultarse pinchando aquí.