“HOXE ESCRIBÍMOLA NÓS”
Concurso xuvenil de traballos sobre a Constitución
Española
Bases do concurso:
- Tema: Trátase de presentar a Constitución Española de 1978 tal e como a cada
participante lle gustaría que fose.
- Participantes: Rapazas e rapaces, nados entre o ano 1994 e o
1997, residentes na provincia de Ourense. (As/os gañadores deberán acreditalo
antes de recibir os premios)
- Extensión dos traballos: Os traballos deberán ser individuais e ter unha
extensión mínima de catro páxinas, e máxima de oito, coa fonte Trebuchet MS,
tamaño de letra 11, e un espazo entre liñas de 1,5. Admitiranse traballos escritos en galego ou en
castelán.
- Criterios de valoración: Premiarase a capacidade analítica, a creatividade,
a coherencia e a boa redacción.
- Prazo
e presentación: Entre o 30 de setembro e o 24 de novembro de 2013,
entregaranse tres copias impresas do traballo a presentar, ou un CD que conteña
o arquivo en formato pdf, dentro dun sobre grande e asinado con pseudónimo. Dentro deste sobre
débese introducir outro que, dentro, conteña os datos persoais e de contacto
do/da participante e, novamente, o pseudónimo co que asinase a obra. O sobre debe
ser remitido, á atención das Xuventudes Socialistas de Ourense, por correo
postal ou entregados persoalmente na sede do PSdeG de Ourense, sita na rúa Ribeira de Canedo, nº 24 -26, CP: 32001.
Ourense
- Xurado:
· Presidente,
sen voto: Jonathan Da Silva, Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Ourense
.
Vogais:
· Laura
Seara, parlamentaria socialista pola provincia de Ourense no Congreso dos
Deputados.
· Miguel
Fidalgo, senador socialista pola provincia de Ourense.
. Mario Tarrío Soto, Sº de Cultura, Ocio e
Normalización Lingüística da executiva nacional das Xuventudes Socialistas de
Galicia.
-
Premios *:
· Primeiro
premio: unha tablet Google Nexus 7
· Segundo
premio: un Ipod nano de Apple.
· Tres accésit:
que constan dun exemplar de "Los
cuadernos robados" de Manuel Azaña e un DVD sobre a historia do socialismo
en España.
Os premios serán entregados o día 5 de decembro de
2013.
O xurado terá a facultade de declarar desertos os
premios que considere oportunos en caso de que os traballos non alcancen un
mínimo nivel, tendo en conta, en todo caso, as idades das e dos destinatarios
deste concurso.