7 ene 2013

Cobro reintegro Lotería de Nadal


O pasado 22 de Decembro, no sorteo de Nadal da Lotería Nacional, como moitos sabedes, o número que xogabamos nas participacións vendidas por esta agrupación local resultou agraciado co reintegro do premio gordo. A cantidade xogada por cada unha delas era de catro euros, xa que dos cinco a pagar, tal e como se especifica nas mesmas, un era a modo de donativo.

Para maior comodidade, a partir de hoxe mesmo, efectuaremos os pagos directamente na sede do PSdeG en Ourense, sita na rúa Ribeira de Canedo nº 24, previa presentación das participacións debidamente numeradas e coa súa clave, de luns  a venres en horario de 10 a 13 h, e de 17 a 20 h, salvo os venres, onde só será posible facelo en horario de mañá.

Moitas gracias por participar e colaborar connosco.