26 dic. 2012

Coloquio sobre “Fiscalidade e Xustiza Social”



            O vindeiro sábado 29 de Decembro, as Xuventudes Socialistas de Ourense querémosvos convidar a unha charla-coloquio, baixo o título "Fiscalidade e Xustiza Social", na que contaremos coa intervención de Antía García,  Licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo, que actualmente é inspectora da AEAT e membro da Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia en excedencia. A ponencia versará, dun xeito participativo, sobre a importancia capital que a política fiscal ten como mecanismo vertebrador da xustiza social e da súa eficacia como ferramenta redistribuidora da riqueza.

Falaremos da traxectoria histórica do noso país, de xeito comparado, neste eido; das alternativas que existen e analizaremos a liña que está a seguir na actualidade o goberno do Estado e, dentro do seu ámbito, o da Xunta de Galicia.

O acto, aberto, terá lugar na sede do PSdeG en Ourense, as 20 h.