18 ago 2012

O sociólogo Ángel Amaro ofreceu unha charla en Ourense sobre as minorías político-sexuais.




    Onte polo serán, nos xardíns da rúa Ribeira de Canedo, baixo a organización das Xuventudes Socialistas de Ourense, o sociólogo  Ángel Amaro ofreceu unha charla-coloquio titulada: "Normalización e resistencia: minorías político-sexuais, antipatriarcado e xóvenes precarixs".

Amaro, nado no ourensán municipio de Pereiro de Aguiar, é sociólogo e investigador do  Instituto Interuniversitario de Desarrollo Social y Paz (IUDESP), da Universidade de Alicante, e un coñecido activista LGTB na comunidade autónoma de Valencia.

Na ponencia exposta onte, abordou a multiplicidade de identidades sexuais que "conforman e se estructuran a modo de campá de Gauss, e non dun xeito binario, tal e como se nos ten educado", explicou. Así, describe o "binarismo" como unha das principais trabas para a normalización das minorías político sexuais.

Houbo tempo tamén para a interacción entre as e os participantes nun acto no que estivo presente o coordenador comarcal do PSdeG en Ourense, Álvaro Vila.




Ángel Amaro durante o acto